NOVAS
CONCERTOS DO CASTAÑAZO 2008
A Asociación Cultural O CASTANHAZO presenta o Sábado 1 de novembro 2008 no Mercado Gandeiro de Chantada (LUGO), a partires das 21:00 h. un super concerto coas bandas:
The real McKenzies THE REAL MCKENZIES

THE REAL McKENZIES

The Real Mckenzies
www.realmckenzies.com
www.myspace.com/realmckenzies
Vídeos »
Skarnio
Proveñen de Vancouver, son unha banda punk profundamente enraizada na súa herdanza escocesa cun son que se podería describir coma se os Sex Pistols se xuntaran con Robbie Williams, a lenda escocesa do folk. O clan dos Mckenzies, alimentándose de haggis (plato escocés feito con vísceras de año e avea ) é un grupo de boa xente cuxo único desexo é levar a súa marca de punk rock celta ata o máis remoto recuncho do mundo. Percorreron 6 veces en xira Norteamérica e 5 Europa. Teñen tocado con Rancid, Shane MacGowan, Nofx, Flogging Molly, The Bad City Rollers ,The Briefs e moitos máis…

  VIDEOS
 
Skarnio SKARNIO

SKARNIO

Skarnio
www.skarnio.info
www.myspace.com/skarniogz

Vídeos »
Coherencia nos feitos e eficacia nas formas, festa, loita e compromiso son as palabras que definen a este colectivo político-musical galego que nace no barrio vigués de O Calvario, para convertérense doce anos despois nun colectivo nacional, cos seus integrantes en Vigo, A Coruña e Ourense. Despois de editar dous traballos, "A filosofía da acción da guerrilla urbana"(1999) e "Arredista"(2003) comezan a ser unha das bandas a destacar, actuando para moitas e diversas causas, desde independentistas a solidarias có movemento antifascista en xeral.

Skarnio
Agora editan " O NOSSO CAMINHO" (2008) disco no que amosan toda a súa bagaxe musical ao longo de 12 anos. Neste disco colabora xente como Juantxo “Skalariak”, Almudena “Transilvanians”, Mini “A Quenlla”, Senem “Xenreira”...


Autoproducido baixo o nome de "Arredista produçons" e rexistradp baixo a licenza de Copyleft-Creative commons.

  VIDEOS
 
Skama la rede SKAMA LA REDE

SKAMA LA REDE

Skama la rede
www.skamalarede.com
www.myspace.com/skamalarede

Vídeos »
Coa base musical do Ska, misturan a súa música co punk e co rock con toques folkis (por algo teñen gaita asturiana, ademais de trompetas e teclados). As súas letras, en asturiano, falan da situación politico-social de Asturias e do mundo. Os seus concertos son unha festa sen descanso.

Echaos a la mar
A súa discografía: "Hestories Absurdes" (Maqueta), "La Nuesa Hestoria" , "Echaos a la mar", este último conta coa colaboración de Xune (Dixebra)

  VIDEOS
 
Skacha SKACHA

SKACHA

Skacha
www.skacha.com
www.myspace.com/skacha
Vídeos »
Echaos a la mar
Orixinarios do barrio Vigués de Coia.
Ca saída de 'A FERRO E LUME' completase ata agora, unha discografía de seis discos e dúas maquetas. Nestes anos de rodaxe, numerosos concertos en Galiza, Euskadi, Baleares, Catalunya.. dan boa fe da súa experiencia, contundencia e furia no escenario, tanto a nivel de grandes festivais, como en locais de pequeno aforo. Apoiando sempre a festa, sen esquecerse de denunciar as inxustizas sociais.

Hoxe seguen expresando e transmitindo a sincera rabia do PUNK-ROCK.

  VIDEOS
 
BASTARDS ON PARADE BASTARDS ON PARADE

BASTARDS ON PARADE

Bastards on Parade
www.myspace.com/bastardsonparadeband
Pipes & Drunx
 
Nace a principios de verán de 2007 coa idea de formar unha banda de punk-folk influenciada por bandas como DropkickMurphys, The Pogues, Real McKenzies...

A principios de ano se realizan algúns cambios de formación (batería e gaiteiro) e uns meses máis para adiante gravan o seu primeiro EP titulado "Pipes & Drunx". En Outubro incorpórase á banda Carlos (Jrucho) para comezar a tocar la mandolina.
Agora mesmo atópanse preparando a gravación dun cd single e facendo temas tamén para o que será o disco que está marcado para saír sobre principios de verán de 2009...

 
calefacción
entrada
charanga
magosto
polbo
pavillón para durmir
 
  :: COLABORADORES LOCAIS >>
falan de nós vídeos do castañazo ligazóns
Eu .gal
novodesenho_ mail castanahzo.com myespace.com/ocastanazo