HISTORIA DO CASTAÑAZO CONCERTOS CASTAÑAZO9 CONFERENCIAS XOGOS BRAVÚS PREGUNTAS E RESPOSTAS FORO ONDE DURMIR COMO CHEGAR
CONCERTOS DO CASTAÑAZO 2008
A Asociación Cultural O CASTANHAZO presenta o Sábado 7 de novembro 2009 no Mercado Gandeiro de Chantada (LUGO), a partires das 21:00 h. un super festival coas bandas:
 HORARIOS DEFINITIVOS
 21:00 Comezo do Festival
 21:00 - 21:30 Regueifas a cargo de "Os Jordechos"
 21:30 - 22:15 Actuación de SKANDALO GZ
 22:30 - 23:30 Actuación de PESTE & SIDA
 23:45 - 01:00 Actuación de DIXEBRA
 01:15 - 02:30 Actuación de TALCO
 02:45 - 03:45 Actuación de KOGITO
 Ao remate MAGOSTO POPULAR
 
TALCO TALCO

TALCO

Ver máis fotos
www.myspace.com/talcopatchanka
vídeos »
máis fotos en myspace »
Talco e unha nova banda italiana de Marghena, Venecia, comeza no ano 2002 como banda de ska-punk combativo, e co paso do tempo consolidan un estilo propio que mestura os ritmos patchanka típicos de Mano Negra co punk e a música ska, cunha certa inclinación pola música balcánica e kletzmer, e que ademais teñen sempre presente aos cantautores italianos, patrimonio importantísimo para a banda, sobre todo no que concirne as letras; así que teñen unha instrumentación moi variada e completa.

O seu directo amosa unha enerxía desbordante e un ambiente festeiro incrible, que fai que os seus concertos se convertan nunha auténtica bomba.

Cun currículum musical máis que respectable, cheo de colaboracións importantes con etiquetas discográficas e axencias de booking e promoción de toda Europa, os Talco, tocan regularmente en numerosos países, onde conseguen “sold-out” nos máis variados locais e festivais de Alemaña, España, Italia, Austria, Suíza, Croacia, Serbia, etc.

Talco Mazel Tov
A día de hoxe, sen dubida, e a banda máis importante da escena alternativa e independente italiana, onde dende xa fai tempo convertéronse nunha referencia internacional. Son únicos a hora de mesturar e crear himnos co seu particular estilo influenciado polo seu punk, hardcore...., tal e como se aprecia no seus dous últimos traballos Combat Circus, (2006) e Mazel Tov (2008), acadando éxitos absolutos no seu pais de procedencia e fora das súas fronteiras, o que os leva a formar parte nos principais festivais de rock de toda Europa.

  VIDEOS
 
Skarnio DIXEBRA

DIXEBRA

Ver máis fotos
www.myspace.com/dixebraoficial
vídeos »
máis fotos en myspace »
Dixebra realizan unha música de estilo rock, misturado con diversos xéneros entre os que destacan o folk asturiano, o ska, o hardcore e o rap, utilizando ritmos de todo tipo e incorporando aos instrumentos básicos dun grupo de rock unha gran diversidade de instrumentos, principalmente a gaita asturiana; sempre cantando na lingua asturiana.

DIXEBRA - N'acción
Dixebra fúndase en Avilés en 1987 e dende entón veñen traballando polo mesmo: lograr afianzar un verdadeiro rock asturiano. Dende o principio os seus compoñentes teñen como obxetivo facer unha música comprometida con Asturies e a sua realidade social, así o demostran nas letras das súas cancións e nas actitudes persoais, ata converterse no grupo máis popular da música asturiana, e nunha das máis recoñecidas bandas estatais dos últimos tempos. A súa traxectoria musical, coa publicación de 10 traballos discográficos e participación en numerosas recompilacións, así o avala, ata chegar o límite de contar cun disco tributo que sae a luz co título de "Salú ya Dixebra". (Novembro, 2007) que recompila a 21 grupos asturianos versionando e homenaxeando cancións de todas as épocas de Dixebra.

En 2008 participaron no Festival Liet Lavlut, a “eurovisión” das linguas minoritarias, na cidade sueca de Lulea, acadando o segundo, defendendo a canción Indios, do seu disco Dieron en duru. Recentemente veñen de participar no Festival intercéltico de Lourient, o maior expoñente planetario da música celta.

  VIDEOS
 
PESTE & SIDA PESTE & SIDA
PESTE & SIDA
Ver máis fotos
www.myspace.com/pestesida
vídeos »
máis fotos en myspace »
PESTE & SIDA - Cai no Real
Formados en 1986 en Lisboa, durante dez anos mantiveron unha presenza constante nos escenarios e publicaron catro discos, converténdose no maior expoñente da música rock no pais luso naqueles tempos. Hai dous anos, unha vez superada unha época escura de entradas e saídas de membros e de disolucións que se abriu en 1995, voltaron aos escenarios con forzas renovadas para celebrar os seus 20 anos de existencia.
Agora publican un novo disco titulado Cai no real no que podemos escoitar un punk que parecía esquecido. A base de escoitar clichés mil e unha vez repetidos case esquecéramos que existe unha forma auténtica de facer punk-rock.

O son dos Peste & Sida lévanos ao 77, evocando unha forma de facer cancións a toda máquina que vai desde os Ruts D.C. aos primeiros XTC e aos Clash. Un golpe de aire fresco que chega do Alén Miño, cantado en portugués e tocado coa suficiente rabia como para que a idade dos seus integrantes non sexa un problema.

  VIDEOS
 
Skacha KOGITO

KOGITO

Ver máis fotos
www.myspace.com/kogito
vídeos »
máis fotos en myspace »
KOGITO - autómatas
... Penso... en... pasalo ben, montar festa e bailar. Esa é a proposta desta banda viguesa, un consolidado grupo de dez compoñentes que saen á carreira con gañas de amosar un variado e divertido directo cheo de ska, reggae e mestizaxe, letras desenfadadas, certo ton de protesta, ritmos latinos cheos de percusión e melodías pegadizas vibrando nos metais preciosos que fan imposible evitar que o ritmo entre nos teus pés. ¿Serás capaz de manterte completamente inmóbil?

Despois duns cantos anos dunha intermitente traxectoria a banda logrou facer un directo no que se mesturan a madurez dos temas cunhas tremendas gañas de festa e de verbena que queremos compartir con todos vós. Esa mellora chega entre finais do 2008 e comezos do 2009 coa gravación do seu último disco chamado “Autómatas”.

Todos estes anos pasaron por festivais e salas da Galiza tan importantes como o Cultura Quente (Caldas de Reis), o Foundation Reggae Festival (O Burgo), e salas tan importantes a nivel galego como son A Iguana Club (Vigo), A Fábrica de Chocolate (Vigo), Club Clavicémbalo (Lugo), Mardigras (A Coruña), ou a Sala Capitol (Compostela). Compartiron escenario con bandas como The Pepping Toms, Gatillazo, Ruxe Ruxe, The Toasters, La Kinky Beat, Macaco, Betagarri, entre outros. Recentemente fixeron tamén algunha incursión no estado español, Portugal e Euskal Herria, participando en importantes festivais de renome.

  VIDEOS
 
BASTARDS ON PARADE SKANDALO GZ

SKANDALO GZ

Ver máis fotos
www.myspace.com/skandalogz
vídeos »
máis fotos en myspace »
Formado no 2007 por 3 obreiros en Ponteareas, aínda que agora son 5 membros, xa que introduciron unha trompeta e un trombón de varas. Tocan un estilo de punk con letras reivindicativas, definindo a súa música como música para a clase obreira, con letras de información sobre inxustizas sociais, da vida e política.

SKANDALO GZ foi gañador por medio do público do A Polo Ghit 2008 coa súa canción "Likor Kafé" e tamén foi semifinalista de Nsaio no Camiño 2008. Este ano foi gañador do concurso de maquetas do festival Millo Verde (Redondela). No seu curto periplo xa deron concertos por toda Galiza, a resaltar que foron teloneiros de Boikot na semifinal de Nsaio no Camiño 2008 (Ribadeo).

Pronto se convertirá nunha banda que vai dar moito que falar enriba dos escearios.

  VIDEOS
 
ÚLTIMA HORA
MERCHANDISING
ACTUACIÓN DE REGUEIFEIROS
ACTUACIÓN DE REGUEIFEIROS
ENTRADA 5 €
ESTAREMNOS BAIXO CUBERTA
GRAN MAGOSTO
FEIRA CON POLBO, CARNE, PAN E VIÑO
HABILITADO PAVILLÓN PARA DURMIR
 
facebook fotolog myspace twiter
     :: COLABORADORES LOCAIS >>
falan de nós vídeos do castañazo ligazóns
Eu .gal
novas myspace
novodesenho_