<vacío>
Castañazo Rock 2010 novas entradas novas entradas
novas entradas
HISTORIA DO CASTAÑAZO CONCERTOS CASTAÑAZO 10 CASTAÑAZO INFANTIL XOGOS BRAVÚS PREGUNTAS E RESPOSTAS FORO ONDE DURMIR COMO CHEGAR
CONCERTOS DO CASTAÑAZO 2010
A Asociación Cultural O CASTANHAZO presenta o Sábado 30 e o domingo 31 de outubro 2010 no Mercado Gandeiro de Chantada (LUGO), un super festival coas bandas:
Xa podes consultar os horarios definitivos
 
 SÁBADO 30 DE OUTUBRO
BANDA BASSOTTI BANDA BASSOTTI

BANDA BASSOTTI

Ver máis fotos
myspace.com/bandabassottiband
gridaloforte.com
vídeos »
máis fotos en myspace »
Talco Mazel Tov
Banda Bassotti é un grupo de ska italiano, nacido nuns talleres da zona periférica de Roma en 1981. O nome de Banda Bassotti é o nome en italiano da banda de ladróns máis famosa de Disney, os Golfos Apandadores (The Beagle Boys).


Os seus compoñentes coñecéronse cando eran traballadores da construción. O grupo conseguiu éxito en Italia e tamén en España, grazas aos seus concertos conxuntos con Negu Gorriak. Os seus discos edítaos a súa propia discográfica: Gridalo Forte. Avanzo de Cantiere foi editado para España e Italia por Esan Ozenki-Gora Herriak, e tamén foi distribuído a toda Europa.

Entre as súas cancións máis coñecidas atópanse "Figli della stessa rabbia", "Mockba 993", "Potere ao Popolo" ou "Un altro giorno d´amore".Os seus discos son editados na súa propia discográfica Gridalo Forte.

  VIDEOS
 
BOIKOT BOIKOT

BOIKOT

Ver máis fotos
myspace.com/boikotofficialsite
boikot.com.es
vídeos »
máis fotos en myspace »
DIXEBRA - N'acción
Boikot é unha banda de punk española orixinaria de Madrid caracterizada polo compromiso social e a mensaxe política implícito nas súas cancións.

O grupo comezou a funcionar en 1987, tocando en festas locais e bares. Despois de cambios na formación do grupo grava dous discos co selo Barrabás.

No ano 1995 rompe co selo Barrabás e crea o seu propio selo discográfico independente Producciones BKT. Até 1996 edita dous discos máis, Cría cuervos e Tu Condena, e toca en diversos festivais de rock como Festimad.

A finais de 2007 os compoñentes de Boikot viaxaron a Mostar, Bosnia para gravar no Pavarotti Music Centre o seu undécimo disco, titulado Amaneció e onde participan diferentes músicos de folk balcánico, que se publica o 2 de abril de 2008 editado pola plataforma Realidad Musical. Pouco antes, en febreiro, Boikot emprende a súa primeira xira en Xapón, cun total de cinco concertos. En decembro do mesmo ano publicouse o disco en directo da xira Ni un paso atrás, onde se inclúen catro cancións de Boikot. Durante 2009, o cuarteto prosegue a súa actividade en directo actuando en numerosas localidades españois e tamén noutros escenarios internacionais.

  VIDEOS
 
RUXE-RUXE RUXE-RUXE
RUXE-RUXE
Ver máis fotos
myspace.com/ruxeruxe
ruxeruxe.com
vídeos »
máis fotos en myspace »
PESTE & SIDA - Cai no Real
Ruxe Ruxe é un grupo de música galego formado en Aríns (Santiago de Compostela) en 1996. A súa música é rock combinada con sons tradicionais galegos, empregando ás veces instrumentos como a gaita, cun aire punk. As súas letras son en galego e de temática moi variada.
Até o momento sacaron á venda seis discos e teñen feito concertos ao longo de toda a península, chegando a dar máis de cincuenta no ano 2007 ao redor de toda a península. As súas cancións téñense utilizado nalgúns programas de televisión e mesmo filmes.

  VIDEOS
 
ALÉN ALÉN

ALÉN

Ver máis fotos
myspace.com/alenmetal
alenweb.com
vídeos »
máis fotos en myspace »
ALÉN
Alén nace a finais do 2004 entre Chantada (Lugo) e Rodeiro (Pontevedra), como consecuencia da unión fortuíta de varios ex-membros doutras formacións da zona, co único obxectivo de dar renda solta a todas as súas inquietudes musicais a través dun proxecto en común.

Comezan a súa andaina musical gravando Simplemente, unha primeira demo que serve a modo de carta de presentación en sociedade da banda, e da que logran distribuír de forma totalmente independente unhas 1000 copias; tendo esta unha boa crítica e aceptación tanto por parte do público como pola dos medios especializados (radios, internet, prensa, etc).

Desde entón, a banda presentou en directo o seu repertorio en numerosos lugares, compartindo escenario con bandas de importante renome a nivel estatal, tales como El último Ke Zierre ou La Excepción, e quedando finalista nalgúns concursos de maquetas tales como o I Concurso Por Rock Laiosasoa (Laiosa - O Incio - Lugo).

O punto de inflexión na historia do grupo márcao a gravación, ao longo de todo o 2008, de Volver a nacer, o seu primeiro longa duración, da man do recoñecido produtor Javier Abreu (Boikot, Sugarless, Os Piratas), que decide embarcarse con eles nunha viaxe de experimentación a través do rock contemporáneo. ...este serve como estrutura fundamental para definir o renovado son e carácter da banda. Algúns músicos de importante renome a nivel estatal, tales como Carlos Escobedo (Sôber, Savia), Alberto Cereijo (Los Suaves), Natxo Zabala e Juancar Aizpún (Koma), entre outros, tamén deciden deixar a súa pegada en tan ambicioso proxecto.

  VIDEOS
 
 DOMINGO 31 DE OUTUBRO
TALCO TALCO

OBRINT PAS

Ver máis fotos
myspace.com/obrintpas
www.obrintpas.com
vídeos »
máis fotos en myspace »
Talco Mazel Tov
Obrint Pas naceu en Valencia o ano 1993. Foi a primeira vez que un grupo fusionaba a dolçaina, instrumento tradicional valenciano, co ska, o reggae ou o hardcore melódico, consagrándose como signo de identidade da banda. As súas letras falan das súas realidades máis próximas, retratando os problemas que actualmente axexan a calquera mozo de calquera cidade do mundo, cunha gran dose de crítica social.

Desde o principio, Obrint Pas traballou no seu propio selo 45 Revolucions. Máis tarde uniuse ao selo Propaganda Pel Fet! que recollía a mesma filosofía independente e alternativa que o grupo perseguía. Converteuse nunha das bandas máis populares que cantan en catalán, percorrendo paises como Alemaña, Holanda, Francia, Inglaterra, Suíza, Italia, Croacia, Bosnia, Austria, Eslovenia, Republica Checa, Portugal, Bélgica, Euskal Herria, Sardeña, Marrocos, España, Galicia, Venezuela, Cuba e os festivais máis importantes dos Paises Cataláns e do Estado español.

Publicaron 6 discos: La Revolta de l'anima (1997) Obrint Pas (2000) Terra (2002) La Flama (2004) En Moviment! (2005) Este ultimo, con DVD incluído, foi gravado en València ante preto de 10.000 persoas, nun espectáculo que reuniu a unha gran representación de artistas da cultura popular valenciana e músicos convidados como Fermín Muguruza (Kortatu, Negu Gorriak), Àlex de Inadaptats, Joan Garriga de Dusminguet, Ao Tall, Titot de Brams, DJ Chola, Soul Atac ou La Gossa Sorda entre outros. En 2007 Obrint Pas edita o seu último traballo despois da Xira Internacionalista que percorreu distintos paises, titulado "Benvingut ao Paradís", con 18 temas que contan con colaboracións de artistas de todo o mundo: Miquel Gil (Valancia), Alif Sound System (Toulouse), Area 23 (Caracas), Rudeman (Bologna), Abdeljalil Kodssi (Marrocos) e moitos máis.

  VIDEOS
 
FE DE RATAS FE DE RATAS

FE DE RATAS

Ver máis fotos
myspace.com/federatasoficial
federatas.com.es
vídeos »
máis fotos en myspace »
FE DE RATAS - Antiimperialista
Fe de Ratas xorde en Avilés -unha localidade asturiana- cando, a finais de 1995, Maxi deixa o grupo no que cantaba até entón. Tras gañar o concurso das actividades culturais Aberto até o amencer en Xixón, deciden dar o salto e editar o que sería o seu primeiro traballo: comezan o proceso de gravación nos Estudos Búnker e aparece a compañía discográfica Santo Graal Producións, coa que asinan. Así, en novembro de 1999 sae o seu primeiro disco, Tú tranquilo y a lo tuyo.

Volven ao estudo (esta vez aos Estudos ACME de Avilés) para gravar a súa segunda obra, titulada A esta Civilización en 2000. As letras comprometidas complementadas coa súa música lánzanlles a unha xira no verán de 2001, entre a que destaca o concerto no Estadio Carlos Tartiere, de Oviedo, ante 12.000 persoas.

En 2003 lanzan Miseria fronte a miseria, e xa cun oco no panorama estatal, teñen lugar algúns cambios nos seus compoñentes, sendo o máis influente a entrada de Rafa Kas á guitarra. Xa con el, lanzan Tus Demonios e eu en 2005, unha obra na que é notoria a evolución do grupo con respecto aos seus inicios.

En 2006 sae á venda un novo álbum, gravado en directo no Derrame Rock 2005, titulado Al borde del Abismo, que tamén inclúe un DVD con actuacións do grupo.

En 2007 sae o seu disco, En la democracia de mi ombligo", o cal presenta por territorio nacional durante dous anos.

En 2009 sacan o último disco até a data, Antiimperialista, coas incorporacións de "EL POYO" e "ULISES" en detrimento de "RAFA KAS" e "POL".

  VIDEOS
 
DAKIDARRÍA DAKIDARRÍA
DAKIDARRÍA
Ver máis fotos
myspace.com/dakidarria
vídeos »
máis fotos en myspace »
PESTE & SIDA - Cai no Real
En xaneiro de 2001, tan só catro membros –Simón (guitarra), Kanelo (batería), René (ex-baixista) e Gabri (guitarra e voz)– comezaron a tocar nun garaxe de Nigrán. Tanto René como Gabri viñan do grupo Diskordia, polo que non empezaron desde cero. En canto puideron decidiron gravar esas cancións nunha maqueta chamada A Diskordia Nas Rías Baixas, gravada no ano 2002.

No ano 2004 deciden gravar un CD chamado Fragasaurus Rex en antoloxía a Manuel Fraga, por aquel entón presidente da Xunta de Galicia; CD que tardaron case 5 meses en gravar por problemas económicos para custear a gravación. Este CD chega a mans do produtor Javier Abreu (Boikot, Disidencia, Skarnio...) quen tenta colocalo en distintas discográficas, ata que a discográfica Síndrome Discos decídese a editalo en marzo do ano 2005. Este CD ten unha gran acollida en todo o Estado. A finais de 2006 deciden dar o seu gran salto e, xunto coa coñecida banda mexicana Vantroi, embárcanse nunha xira por todo México. Tras estas boas expriencias sacan un novo CD no ano 2008 chamado El futuro nunca existió coa discográfica Santo Grial. O CD, que inclúe un DVD da xira por México, ten colaboracións de grupos como Boikot, Skacha, Skarnio, o propio Vantroi... e inclúe tamén o making off do disco.

En abril de 2010 comeza unha nova aventura: O grupo grava Realidades alienantes..., primeira metade dunha obra que se completará con ...Utopias energentes, que será gravado máis adiante.

  VIDEOS
 
GUEZOS GUEZOS

GUEZOS

Ver máis fotos
myspace.com/guezos
guezos.com
vídeos »
máis fotos en myspace »
KOGITO - autómatas
Guezos é unha banda de pop-folk ourensán, cuxas composicións son, maioritariamente, de compás rápido, aínda que tamén usan compases melódicos. Tamén é o nome do seu primeiro álbum, que viu a luz no 2001.


Guezos (en barallete –antiga fala dos afiadores ourensáns–: rapaces, nenos, cativos) naceu en 1999 como proxecto de grupo musical tradicional. Pouco a pouco, o grupo comezou a evolucionar cara o folk, e no 2000 grava a maqueta "Guezos" (convertida posteriormente en álbum), e dá os seus primeiros concertos.

A formación inicial estaba composta por Arturo, Xabier Domínguez "Morta", Pablo, Roberto, Anxo e Carlos Rivera "Puntxa". Estes comezan a buscaren influencias novas en eidos musicais variados como o Rock ou o Pop, de onde xorde a incorporación dunha guitarra eléctrica ao grupo.

O grupo ten 4 álbums publicados: Guezos (2001), Terradentro (2004), 99-06 (2007) e Oito Destinos (2009). Sendo 99-06 un recompilatorio onde a maioría dos cortes son gravacións de actuacións en directo.

Guezos ten participado en festivais e concursos como o "Festival na Tralla III" en Vilaboa (Pontevedra), o II Festival Folk "Serra de Queixa" (Ourense) e o XXV Festival do Mundo Celta de Ortigueira (ambos no 2003).

No 2006, comezan o ano coa participación no concurso escenario PRAU en Santander (Cantabria), logo, cara o verán, participaría no concurso "A polo Ghit" (organizado por Vieiros e mais o programa extrarradio da Radio Galega), quedando de 4ª na votación do xurado e 1º no ranquin de popularidade.

  VIDEOS
 
CÉ ORQUESTRA PANTASMA CÉ ORQUESTRA PANTASMA

CÉ ORQUESTRA PANTASMA

Ver máis fotos
myspace.com/ceorquestrapantasma
ceorquestrapantasma.com
vídeos »
máis fotos en myspace »
César Freiría Prado e naceu no barrio Vigués "O Freixo", na parroquia de Valadares-VIGO no ano 1975.

A súa andaina Musical comezou con nove anos como alumno do mestre "Moxenas" dentro do campo da música tradicional e con el aprendeu a tocar a gaita e percusións galegas. Pouco a pouco foi interesándose por mais instrumentos aprendendo a tocalos de xeito autodidacta e outros con mestres diversos. Pasaron polas súas mans o clarinete, o baixo, o violín, gran variedade de instrumentos de percusión, acordeón diatónico e cromático sistema piano, guitarra, mandolina,armónica...

A súa curiosidade foi ampliándose cando lle propuxo inventar algún instrumento para chegar a tocar en solitario como home orquestra: o batepés, a kalímba baixo e a guitarra de acordes fixos foron os instrumentos inventados naquel momento. Despois de pasar por diferentes grupos dentro da música tradicional como A Roda, Aradouro, grupos de gaitas, rondallas de Nadal..., grupos de punk como Oxtiax Ke Te Pariu..., decidiu armarse en solitario como home orquestra.

Unha chea de horas invertidas deron como resultado a Cé, Orquestra Pantasma, unha banda versátil e con aire festivo que xurdiu oficialmente a comezos do verán de 2008.

Actualmente distribúe a súa actividade musical entre a docencia como mestre de música nun colexio en Santiago de Compostela, como músico en solitario con "Cé orquestra pantasma" e como integrante dalgúns grupos como "O Ciprián e mailo Can, Oxtiax Ke Te Pariu e os Arrrebentapeitos".

  VIDEOS
 
PAVILLÓN DOS DEPORTE PARA DURMIR
BAIXO CUBERTA
ENTRADAS
I CONCURSO DE CANTOS DE TABERNA
facebook facebook GRAN MAGOSTO facebook fotolog myspace twiter facebook fotolog myspace twiter facebook fotolog myspace facebook fotolog myspace twiter facebook fotolog myspace twiter facebook fotolog myspace twiter facebook fotolog myspace facebook fotolog myspace twiter youtube facebook fotolog myspace twiter facebook fotolog myspace twiter facebook fotolog myspace facebook fotolog myspace twiter facebook fotolog myspace twiter facebook fotolog myspace twiter facebook fotolog myspace facebook fotolog myspace twiter youtube facebook fotolog myspace twiter facebook fotolog myspace twiter facebook fotolog myspace facebook fotolog myspace twiter facebook fotolog myspace twiter facebook fotolog myspace twiter facebook fotolog myspace facebook fotolog myspace twiter youtube facebook fotolog myspace twiter facebook fotolog myspace twiter facebook fotolog myspace facebook fotolog myspace twiter facebook
twitter facebook fotolog myspace youtube facebook fotolog myspace twiter facebook fotolog myspace twiter facebook fotolog myspace facebook fotolog myspace twiter facebook fotolog myspace twiter facebook fotolog myspace twiter facebook fotolog myspace facebook fotolog myspace twiter youtube facebook fotolog myspace twiter facebook fotolog myspace twiter facebook fotolog myspace facebook fotolog myspace twiter facebook fotolog myspace twiter facebook fotolog myspace twiter facebook fotolog myspace facebook fotolog myspace twiter youtube facebook fotolog myspace twiter facebook fotolog myspace twiter facebook fotolog myspace facebook fotolog myspace twiter facebook fotolog myspace twiter facebook fotolog myspace twiter facebook fotolog myspace facebook fotolog myspace twiter youtube facebook fotolog myspace twiter facebook fotolog myspace twiter facebook fotolog myspace facebook fotolog myspace twiter facebook fotolog myspace twiter youtube facebook fotolog myspace twiter facebook fotolog myspace twiter facebook fotolog myspace facebook fotolog myspace twiter facebook fotolog myspace twiter facebook fotolog myspace twiter facebook fotolog myspace facebook fotolog myspace twiter youtube facebook fotolog myspace twiter facebook fotolog myspace twiter facebook fotolog myspace facebook fotolog myspace twiter facebook fotolog myspace twiter facebook fotolog myspace twiter facebook fotolog myspace facebook fotolog myspace twiter youtube facebook fotolog myspace twiter facebook fotolog myspace twiter facebook fotolog myspace facebook fotolog myspace twiter facebook fotolog myspace twiter facebook fotolog myspace twiter facebook fotolog myspace facebook fotolog myspace twiter youtube facebook fotolog myspace twiter facebook fotolog myspace twiter facebook fotolog myspace facebook fotolog myspace twiter
 
     :: COLABORADORES LOCAIS >>
falan de nós vídeos do castañazo ligazóns
Eu .gal
novas myspace
novodesenho_
novodesenho Concello de Chantada Deputación de Lugo novas entradas