imagen imagen imagen imagen imagen

Novas

Información Esencial Festival

31/10/2013


Entradas (Entradas a venta a 16€ máis gastos de xestión nos puntos de venta de Chantada e máis en Codetickets ata o 1 de novembro) Máis información aquí.

Como chegar (Horarios Noitebus) Máis información aquí.

Onde durmir (Horarios Pavillón Gratuito) Máis información aquí.

Recinto cuberto (Plano Recinto) Máis información aquí.

Horarios finais Máis información aquí.

merchan




Xa temos tódolos grupos participantes nos Cantos de Taberna

31/10/2013


Cantos 2013

Apareceu o grupo nº 10 para os Cantos de Taberna e chamase Rejatos de Jloria, así que xa temos o cupo cuberto.

Máis información aquí.




Queda unha praza libre pos Cantos de Taberna

30/10/2013


Cantos 2013

Debido a que o grupo Nº10 Afinadores e Paragüeiros deuse de baixa.Apuntate xa!!.

Máis información aquí.




Xa temos cartel po Castañazo Infantil

30/10/2013

merchan

Máis información aquí.




Xa temos tódolos grupos participantes nos Cantos de Taberna

29/10/2013

Son os seguientes(ordeados por orden de inscrición):

  1. Trinzadura de Trasancos.
  2. Fiasco.
  3. Cantares do Asma.
  4. Coro Fuscalheiro.
  5. Amighas da Turuta.
  6. Son do Souto.
  7. Mariñeiros do Monte.
  8. Paragüeiros.
  9. Cantamañanas.
  10. Afinadores e Paragüeiros.
Cantos 2013

Máis información aquí.




Cambios importantes nos VI Xogos Bravús

29/10/2013

xogos 2013

VI Aberto de Billarda as 17 no Parque Eloísa Ribadulla

I Campionato de carreiras de carros (tracción humana) as 18 no Parque Eloísa Ribadulla

VI Xogos Bravús (novos xogos e probas individuais) de 19 a 21 no Mercado Gandeiro

Queres participar?

Máis información aquí.




Nova sección na web:Merchandising Oficial

29/10/2013

merchan

Queres comprala ou ver máis productos

Máis información aquí.




Spot Castañazo Rock 2013

22/10/2013


Moitas grazas aos compañeiros de Chantada Films pola sua realización.




Obradoiros infantís de manualidades con castañas

22/10/2013

xogos 2013

Un ano mais os cativos tamén terán o seu espazo no Castañazo, polo que o sábado 2 de novembro de 12:00 h a 14:00 h na Rúa Leonardo Rodríguez dentro do marco do Chantadillo Variopinto ou se chove na Casa da Música, nenas e nenos de tódalas idades poderán pasar unha mañá chea de castañas, música, xogos e diversión!!! Entrada de balde e ao remate, magosto!!!

Esta ano as castañas cobran vida!! Si, si, ademais de comelas e enchernos o bandullo con elas transformarémolas en caracois, arañas, avestruces e moitos outros animaliños. Tamén colgarán das nosas chaquetas en forma de broche ou decorarán a nosa casa como portafotos. Anímate e ven a darlle formas ás castañas coas túas mans!!!

Queres aprender a facelo?

Máis información aquí.




Xogos Bravús Infantís

22/10/2013

xogos 2013

Un ano mais os cativos tamén terán o seu espazo no Castañazo, polo que o sábado 2 de novembro de 12:00 h a 14:00 h na Rúa Leonardo Rodríguez dentro do marco do Chantadillo Variopinto ou se chove na Casa da Música, nenas e nenos de tódalas idades poderán pasar unha mañá chea de castañas, música, xogos e diversión!!! Entrada de balde e ao remate, magosto!!!

Haberá un espazo de xogo tradicional para os nenos e nenas de 0 a 99 anos que desexen xogar con habilidade e atinando nos lanzamentos.

Queres participar?

Máis información aquí.




Chantadillo Mercadillo Variopinto

17/10/2013

xogos 2013

O vindeiro 2 de Novembro, coa coincidencia do festival Castañazo Rock, celebramos una edición especial do noso Chantadillo, na rúa Leonardo Rodríquez, en horario de maña, a partir das 12.00 con actividades para nenos, e pola tarde de 15.00 a 18.00 horas durante o Concurso de Cantos de Taberna.

Queres poñer un posto?

Máis información aquí.




VI Xogos Bravús

16/10/2013

xogos 2013

En Chantada, un ano máis, como teloneiros dos Castañazos Rocks, arroutada miñota no mercado gandeiro (Bravú Arena) o 2 de Novembro a partir das 19:00 h para mostrarlle ao mundo as xentes bravas e rexas que habitan as aldeas e vilas deste recuncho pangalaico.

Queres participar?

Máis información aquí.




IV Concurso de Cantos de Taberna

15/10/2013

Cantos 2013

Disque as mellores cantigas agroman na taberna e de alí espállanse polo mundo. No Castañazo somos conscientes desta realidade e por iso recuncamos un ano máis organizando o IV Concurso de Cantos de Taberna. Tralo éxito e boa acollida da actividade na pasada edición facemos unha nova convocatoria para o día 2 de Novembro, día do festival, entre as 15:00 e as 18:00 horas nas tabernas do centro do pobo.

Queres participar?

Máis información aquí.




ExTensión Agraria gaña I concurso de bandas emerxentes do "Castañazo Rock"

14/10/2013

Despois dunha deliberación tremendamente díficil por parte do xurado, xa hai gañador do Concurso de bandas.

E son os chairegos Ex-Tension Agraria. Noraboa!!

imagen

Agradecémoslle aos 31 grupos restantes a súa participación, especialmente a PDA (Pus de Alce), Biribirlocke, Maskarpone e Borderline79 que chegaron á final xunto con Ex-Tension Agraria. Tamén agradecer ao programa Planeta Furancho pola sua cobertura do concurso.

Máis información aquí.




Finalistas I concurso de bandas emerxentes do "Castañazo Rock"

10/10/2013

  1. ExTensión Agraria. Punk Rock galego. Bretoña (A Pastoriza). 1018 votos
  2. PDA-Pus de Alce. Punk. Pontevedra. 938 votos
  3. Biribirlocke. Rock/Ska. Bugallido (Ames). 935 votos
  4. Maskarpone. Reggae/Ska/Rock. Ourense. 836 votos
  5. Borderline 79. Metal alternativo. O Salnés. 822 votos

O luns 14 de outubro anunciaremos o grupo destes 5 que tocara no castañazo deste ano.

Moitas grazas aos 32 grupos participantes, calquera podia ser o gañador, e a toda a xente que votou.

Máis información aquí.




32 grupos galegos participaran no I concurso de bandas emerxentes do "Castañazo Rock"

26/09/2013

Hoxe as 14.00 pechouse o prazo de inscrición para o concurso de Bandas Emerxentes promovido desde o festival Castañazo Rock 2013 para promover a grupos que están facendo moitos esforzos por ter un oco entre o panorama musical galego.

E despois de atender as propostas que nos foron chegando estos días sobre grupos que querían participar no noso festival, una cousa nos quedou clara: que en Galiza hai moito talento, e se alguén o dubida aquí vos presentamos unha lista de 32 bandas que o confirman, pero quizais necesitan de certa difusión e promoción, e para eso estamos os organizadores de festivais.

imagen

O obxectivo deste concurso é precisamente crear un espazo para que o público poida coñecelos e demostrar que en tódolos rincóns de Galiza se fai música de calidade, de múltiples estilos e para todo tipo de público. E, como non, darlle a oportunidade de compartir escenario con bandas de certo prestixio internacional.

Este é o listado dos 32 concursantes (por rigurosa orde de inscripción):

  1. Vicky Polard. Grunge/Funk. Compostela.
  2. Okeoh!. Metal galego. Vedra.
  3. Collón de Lola. Versións do Xabarín. Compostela.
  4. Os Podridos. Rock/Ska/Regaae. Beade (Vigo).
  5. Solfabirras. Punk Rock galego. Pontecaldelas.
  6. Colectivo Bomba. Mestizaxe. Lugo.
  7. Menage a Trois. Fusión. Ourense.
  8. Kambotes. Punk Rock/Folk. Rodeiro.
  9. Os John Deeres. Hard Rock. A Estrada.
  10. Biribirlocke. Rock/Ska. Bugallido (Ames).
  11. N O M. Rock/Metal. Ordes.
  12. Pito de Pikasso. Post Bravú. Compostela.
  13. A Cona Ye-Ye. Rock. Ordes.
  14. Outra Vaca no Millo. Folk/Rock. Hío.
  15. Meigha. Metal. Vilagarcía.
  16. Maskarpone. Reggae/Ska/Rock. Ourense.
  17. PDA-Pus de Alce. Punk. Pontevedra.
  18. MetalRoots. Rock/Metal. Portonovo.
  19. Trapallada. Ska/Regaae. MonteAlto (Corunha).
  20. A Tarantela Rabuda. Ska/Reggae/Rumba. O Morrazo.
  21. Borderline 79. Metal alternativo. O Salnés.
  22. Cabo da Vila. Rock. Viana do Bolo.
  23. Skalingrado. Ska. Ourense.
  24. Millo. Punk Rock galego. Val Miñor-Ourense.
  25. dKona. Metal/Rock. Viana do Bolo.
  26. Malheira. Hardcore. Ourense.
  27. ExTensión Agraria. Punk Rock galego. Bretoña (A Pastoriza).
  28. Os Vacalouras.Pataca´n´roll, Rock Bravú. Teis.
  29. Skalopendra. Rock Bravú. András (Vilanova de Arousa).
  30. Calle del Ruido. Rock/Metal. Meis.
  31. Gorilas a Pilas. Punk Rock. Ourense.
  32. Irmandades do Falo. Pop Hinchable/Ska. Vilalba.

As votacións comezarán desde hoxe 26 de setembro e prolongaranse ata o xoves 10 de Outubro.

Cambio nas bases do concurso.

Debido ao importante éxito do concurso en número de participantes, que supera con creces as expectativas dos promotores decidimos ampliar, non so o prazo de votacións populares, senón tamén aumentar a CINCO o número de bandas finalistas. A razón, non é outra, que dar mais opcións a que os grupos pasen polo veredicto do xurado, así creemos que se primará mais a “calidade” que a “cantidade”. Esperamos non causar ningún trastorno ao normal transcurrir do concurso con esta modificación das bases.

Esas cinco bandas que teñan máis votos no facebook (“gustame”) pasarán a ronda final na que un xurado composto por un membro da organización (Ibán Gómez), un músico (Júan Gomez, Richi), un xornalista (Miguel Piñeiro) e un representante da Federación de Festivais de Galiza (David Rodríguez) escollerán ao gañador, que terá como premio tocar no Castañazo Rock 2013 e 400 euros.

Pero de momento, a decisión e vosa. Escoitade aos grupos e votade polos que máis vos gustan!!!!

Vota o teu grupo favorito desde aquí.




Entradas Castañazo Rock 2013

20/09/2013

Merca aquí a túa entrada anticipada por internet o prezo especial de 14 € máis gastos de xestión só ata o 1 de outubro.A partires do 1 de outubro o prezo pasará a ser de 16€ máis gastos de xestión e poderase comprar por Internet e nos puntos de venta físicos habituais.

Máis información aquí.




Bases I concurso de bandas emerxentes "Castañazo Rock"

20/09/2013

Tes unha banda musical que está dando os seus primeiros pasos no mundo da música e queres formar parte do cartel do CASTAÑAZO ROCK 2013 o 2 de Novembro en Chantada (Lugo) compartindo escenario coas bandas Lendakaris Muertos, Nao, Che Sudaka, Dakidarria e Bongo Botrako.

Consulta as bases aquí.




Benvidos a páxina web do Castañazo Rock 2013

20/09/2013

Benvidos a páxina web do castañazo rock 2013.





Actividades Castañazo Rock 2013

Sábado 2 de novembro.Horarios finais.

Hora Actividade Lugar Acceso Saber máis
  12:00     CHANTADILLO     RÚA LEONARDO   RODRÍGUEZ     SEN     ENTRADA     Máis     información  
  12:00     ACTIVIDADES PARA NENOS     RÚA LEONARDO   RODRÍGUEZ     SEN     ENTRADA     Máis     información  
  15:00     CANTOS DE TABERNA     PRAZA SANTA ANA     SEN     ENTRADA     Máis     información  
  17:00     ABERTO DE BILLARDA     PARQUE ELOÍSA     RIBADULLA     SEN     ENTRADA     Máis     información  
  18:00     CARREIRA DE CARROS(TRACCIÓN HUMANA)     PARQUE ELOÍSA     RIBADULLA     SEN     ENTRADA     Máis     información  
  18:30     Apertura de portas do recinto (Taquilla aberta dende as 17:00)  
  19:00     XOGOS BRAVÚS     MERCADO     GANDEIRO     CON     ENTRADA     Máis     información  
  20:00     MAGOSTO POPULAR     MERCADO     GANDEIRO     CON     ENTRADA     Máis     información  
  21:00     CONCERTOS     MERCADO     GANDEIRO     CON     ENTRADA     Máis     información  
21:00   ExTensión Agraria (Gañador I concurso de bandas emerxentes castañazo rock)  
21:55   Nao  
23:10   Bongo Botrako  
00:40   Che Sudaka  
02:10   Lendakaris Muertos  
03:45   Dakidarria  



imagen imagen

Contacto Festival:castanhazorock@hotmail.com
  Acreditacions Prensa:miguel.pineiro.vazquez@gmail.com

imagen Codetickets Entradas físicas Lendakaris Muertos Bongo Botrako Che Sudaka Dakidarria Nao Gañador concurso de bandas Concello de Chantada Deputacion de Lugo Adegas Amedo S.L. Chantadafilms Gadis