imagen imagen imagen imagen imagen imagen

b1 b2 b3 b8 b9
b4 b5 b6 b7

Cantos de Taberna

VII Cantos de Taberna

Disque as mellores cantigas agroman na taberna e de alí espállanse polo mundo. No Castañazo somos conscientes desta realidade e por iso recuncamos un ano máis organizando o VII Concurso de Cantos de Taberna. Tralo éxito e boa acollida da actividade nas pasadas edicións facemos unha nova convocatoria para o día 29 de Outubro, coincidindo coa celebración do Castañazo Rock, entre as 15:00 e as 18:00 horas.

ImagenCantos

Bases

1. Os grupos participantes estarán integrados por un máximo de 10 persoas que en ningún momento se poderá exceder.

2. A inscrición é de balde e poderase realizar ata completar un límite de 12 grupos participantes mediante o correo electrónico cantosdetaberna_castanhazo@hotmail.com, ou ben chamando ao teléfono 608 924 272.

3. A inscrición poderase realizar a partir do 4 de Outubro de 2016 ata o día 28 do mesmo mes incluído ou de ser o caso ata completar o tope de grupos, indicando no momento o nome do grupo que concursa, un correo electrónico,un teléfono de contacto e o número de integrantes.

4. A recepción dos participantes farase o día da actividade ás 14:30 horas na Praza de Santa Ana (Plazuela) de Chantada. Prégase puntualidade co fin de axilizar a actividade de acordo co programa do festival. A hora de remate deberá ser sobre das 18:00 horas.

5. Cada grupo poderá interpretar unha única peza en cada taberna (este número poderá ser maior se os membros da organización así o consideran). A peza a interpretar será en galego, de libre escolla, preferentemente entre o repertorio popular aceptándose tamén composicións propias e orixinais que poderán variarse ao longo do percorrido polas tabernas.

6. En cada taberna os integrantes dos grupos poden degustar unha consumición de balde (viño, cervexa ou refresco) a cargo da organización. Con este fin entregaráselles un lote de tickets a cada membro de cada grupo que serán os únicos válidos para acceder á consumición de balde.

7. Os 12 grupos participantes repartiranse de inicio, e por sorteo no xusto momento de comezar a proba, en 3 itinerarios diferenciados con 4 grupos cada un. Cada itinerario estará composto por 5 tabernas.

8. En cada establecemento será o/a taberneiro/a o/a responsábel de outorgar a puntuación trala actuación, que estará comprendida entre 1 e 10 puntos.

9. Os grupos con máis puntos en cada unha das tres quendas ao finalizar o percorrido terán premio. En caso de empate será a organización quen decida o gañador.

10. O equipo gañador final decidirase na Praza de Santa Ana(Plazuela) nun duelo cantado entre os gañadores de cada quenda. Este equipo gañador recibirá un agasallo conmemorativo diseñado polo artista Lomarti. O xurado serán os demais grupos participantes que a través dun representante comunicarán a súa elección á organización.

11. A entrega de premios terá lugar no punto de partida inicial, Praza de Santa Ana (Plazuela) ao rematar o percorrido.

ImagenCantos
Foto VI Cantos de Taberna

Itinerarios

Itinerario 1

1. Parada

2. Capitol

3. Mar & Bellota

4. Centro

5. O Canizo

Itinerario 2

1. Mar

2. Manix

3. Agocho

4. Plaza

5. Universal

Itinerario 3

1. Canton

2. Época

3. Carballeira

4. Luar

5. Tropik

Ver mapa máis grande

Premios

Para os gañadores de cada un dos itinerarios

Lote de Viño Denominación de Orixe Ribeira Sacra “Adegas Amedo”

Lote de licores “Augavella”

Lote de merchandising do festival para os membros do grupo

Para o gañador final

Agasallo conmemorativo elaborado polo artista chantadino "Lomarti"

ImagenCantos
Foto VI Cantos de Taberna


imagen
imagen imagen imagen

Contacto Festival:castanhazorock@hotmail.com
  Acreditacións Prensa:miguel.pineiro.vazquez@gmail.com

imagen Mercar Entradas Buses Oficiais Deputacion de Lugo Concello de Chantada Mahou Nikis Gadis Adegas Amedo S.L. Fegafe Chantadafilms GZmusicaTV