imagen imagen imagen imagen imagen imagen

b1 b2 b3 b8 b9
b4 b5 b6 b7

Historia

Outono de 1993, Chantada.

Un grupo de amigos decidimos cometer un asasinato. A vítima, o Aburrimento. Neses anos, Chantada demostrara ter unha grande afición polo Rock, e coma naqueles anos case non había festivais, e os poucos que agromaban, ficaban a moitos quilómetros de distancia, a decisión estaba clara:

Faríamos o noso propio festival. E no canto de desprazarnos a ver os mellores grupos do panorama galego e de fora, ¡¡traeriámolos á nosa vila!!

Aínda resoaba nas nosas conciencias a oportunidade perdida de traer a un grupo que a poucos lles soaba, por 100.000 pesetas: Green Day. Ofertárannolo para encher días e desbotouse porque ninguén quería “arriscar” por un grupo que non coñecían... un ano e medio despois eran Nº 1 nas listas de vendas. Tivemos que ir a Vigo velos; así e todo o público eramos 100 persoas.



I CASTAÑAZO ROCK

Rastreros na I Edición do Castañazo Rock
Os Rastreros na I edición do Castañazo Rock
E como só saen ben as cousas que se fan, había que porse mans á obra. Foi o baixo dunha obra o lugar escollido. Coma unha metáfora, ¡todo por facer!

E cun pequeno equipo de son, un palco feito para a ocasión, e uns cantos amigos, aproveitamos un océano de forza vital e de gañas por facer cousas.

A vella máxima da imaxinación ó poder.

Quixemos contar no primeiro Castañazo Rock cos Diplomáticos de Montealto polo bo rollo que había cos Rastreros. E a conexión funcionou, vaia se funcionou. Foi un concerto memorable. Hai quen opina que foi o mellor Castañazo pola proximidade co público. E para rematar tocaron xuntos Os Diplos mailos Rastreros, A vida de Xan .

O segundo día outra banda local os Kulimanhas, que poñían de manifesto a canteira de bandas nunha vila tan pequena coma Chantada; Kaos, precursores dos actuais SOAK, en frenético punk dende o Morrazo, e un grupo de demoledor Death Metal, os terroríficos Sepulcro.

O segundo día celebrouse o I CONCURSO DE XURAMENTOS, como acto que quería recoller a expresión oral máis extrema e visceral da cultura popular. Dotado cun premio para o gañador dunha ducia de chourizos, un garrafón de viño e unha peza de pan de Cea. Foi un dos actos estrela da primeira edición do festival, aínda que debido á relevancia mediática que acadou, foi motivo de innumerables protestas.



II CASTAÑAZO ROCK

Cea en Viana
Cea en Viana, Xurxo Soto e os Impresentables
 
Naqueles anos, por toda a xeografía galega, a xeito de cogomelos, proliferaban moitas bandas de rock que empregaban sen complexos o galego e a idiosincrasia dun país.

Esta foi a escusa para facer unha chamada a todos aqueles conxuntos e reunilos en Chantada arredor dunha cea na cantina de Viana. De alí xurdiu o termo Bravú (Bravío, en chantadino) que tanto deu que falar e que hoxe non trataremos.

Naquela edición estiveron: os Diplomáticos de Montealto, os Bochechiñas, os Impresentables, o Pinto de Herbón, os Heredeiros da Crus, Os papaqueixos, Skornabois , e como anfitrións Tabernícolas e Rastreros.

Celebrouse baixo a cuberta do Instituto e nel fixemos o primeiro magosto popular dos castañazos. Aquel poderíase definir coma o primeiro festival Bravú da historia.



III CASTAÑAZO ROCK

Skornabois
Skornabois
Na 3ª edición recollemos os froitos da anterior e presentamos o disco UNIÓN BRAVÚ co que se pretendía levar ó mundo a nova sabia dunha nova música galega.

Cambiamos de escenario e desta volta fómonos ó mercado gandeiro, onde o Caimán do Rio Tea, os Impresentables, os Papaqueixos, os Diplomáticos, Kaos, Skornabois e os Túzaros, deron conta do máis grande festival Bravú da historia.

En 3 anos lograramos facer do Castañazo un dos mellores festivais de Galicia, polo que pasaran do mellorciño do panorama galego musical. Todo isto nunha época na que os festivais non abondaban como actualmente, polo que podemos dicir que fomos un festival pioneiro.




IV CASTAÑAZO ROCK

Disco dos Rastreros
Disco dos Rastreros

Chegados a iste punto, era moi difícil superar o listón que se acadara na edición anterior. Así que concentrámonos na presentación do Iº e único disco dos Rastreros, e no fenómeno que estaba sendo naquel momento Manolo Kabezabolo, que ía de cabeza do cartaz. Para completalo e melloralo viñeron uns bos amigos: O Caimán do Rio Tea, que xa estiveran na outra edición pero que naquel momento estaban triunfando co seu tema Estou na lavadora no Xabarín Club. Por último completaba cartaz unha banda local Os Tabernícolas.

Foi o ano que máis entrada se cobrou, e foi o ano de máis éxito de público. Celebrouse no mercado gandeiro e tamén foi o mellor organizado. Acabou de instaurarse o magosto popular e...

...chegaron os anos escuros. Nos que por falla de apoio do concello e do desleixo das institucións en xeral ,O Castañazo viuse condenado á Nada, desaproveitando a base que tiña para converterse no que hoxe sería un dos festivais decanos en Galicia.

Pero non está todo perdido... a ilusión non a perdemos, nin a imaxinación, nin as gañas: con esta bagaxe podemos chegar onde queiramos!!!!!



V CASTAÑAZO ROCK
Acceder a web do 2007»


Castañazo 2007



VI CASTAÑAZO ROCK
Acceder a web do 2008»


Castañazo 2008



VII CASTAÑAZO ROCK
Acceder a web do 2009»

Castañazo 2009



VIII CASTAÑAZO ROCK
Acceder a web do 2010»

Castañazo 2010



IX CASTAÑAZO ROCK
Acceder a web do 2011»


Castañazo 2011



X CASTAÑAZO ROCK
Acceder a web do 2012»


Castañazo 2012



XI CASTAÑAZO ROCK
Acceder a web do 2013»


Castañazo 2013



XII CASTAÑAZO ROCK
Acceder a web do 2014»


Castañazo 2014



XIII CASTAÑAZO ROCK
Acceder a web do 2015»


Castañazo 2015




imagen
imagen imagen imagen

Contacto Festival:castanhazorock@hotmail.com
  Acreditacións Prensa:miguel.pineiro.vazquez@gmail.com

imagen Mercar Entradas Buses Oficiais Deputacion de Lugo Concello de Chantada Mahou Nikis Gadis Adegas Amedo S.L. Fegafe Chantadafilms GZmusicaTV