Castañazo 2017

Disque as mellores cantigas agroman na taberna e de alí espállanse polo mundo. Somos conscientes desta realidade e por iso recuncamos un ano máis organizando o VIII Certame de Cantos de Taberna. Tralo éxito e boa acollida da actividade nas pasadas edicións facemos unha nova convocatoria para o día 11 de Novembro, coincidindo coa celebración da segunda xornada do Castañazo Rock, entre as 15:00 e as 19:00 horas.


Castañazo 2017 Castañazo 2017

BASES

1. Os grupos participantes estarán integrados por un máximo de 10 persoas que en ningún momento se poderá exceder.


2. A inscrición é de balde e poderase realizar ata completar un límite de 12 grupos participantes mediante o correo electrónico cantosdetaberna@castanhazo.com ou ben chamando ao teléfono ✆ 608 924 272.


3. A inscrición poderase realizar a partir do 10 de Outubro ata o día 8 de Novembro incluído ou de ser o caso ata completar o tope de grupos, indicando no momento o nome do grupo que concursa, un correo electrónico, un teléfono de contacto e o número de integrantes.


4. A recepción dos participantes farase o día da actividade ás 14:30 horas na Praza de Santa Ana (Plazuela) de Chantada. Prégase puntualidade co fin de axilizar a actividade de acordo co programa do festival. A hora de remate deberá ser sobre das 19:00 horas.


5. Cada grupo poderá interpretar unha única peza en cada taberna (este número poderá ser maior se os membros da organización así o consideran). A peza a interpretar será en galego, de libre escolla, preferentemente entre o repertorio popular aceptándose tamén composicións propias e orixinais que poderán variarse ao longo do percorrido polas tabernas.


6. En cada taberna os integrantes dos grupos poden degustar unha consumición de balde (viño, cervexa ou refresco) a cargo da organización. Con este fin entregaráselles un lote de tickets a cada membro de cada grupo que serán os únicos válidos para acceder á consumición de balde.


7. Os 12 grupos participantes repartiranse de inicio, e por sorteo no xusto momento de comezar a proba, en 2 itinerarios diferenciados con 6 grupos cada un. Cada itinerario estará composto por 5 tabernas.


8. Atendendo as suxerencias de grupos participantes en edicións anteriores, este ano procedemos a eliminar as puntuacións e os premios, polo que todos os grupos participantes serán gañadores e o premio final será desfrutar da festa.


9. O certame dará fin cun duelo cantado improvisado entre todos os participantes na Praza de Santa Ana (Plazuela).


Castañazo 2017 Castañazo 2017

ITINERARIOS

Itinerario 1:


1. Parada

2. Capitol

3. Mar & Bellota

4. Centro

5. O Canizo

Itinerario 2:


1. Mar

2. Manix

3. Agocho

4. Plaza

5. Larpeiriña




Podes ver máis fotos do VII Certame de Cantos de Taberna dende aquí


imagen imagen imagen imagen imagen Castañazo 2017