Castañazo 2017

A adquisición da entrada representa a aceptación, por parte do adquiridor, das seguintes condicións:


1. Unha vez adquirida, a entrada non será cambiada nin será devolto o seu importe.


2. A Organización resérvase o dereito a alterar ou modificar o programa do evento.


3. Resérvase o dereito de admisión.


4. A entrada dispón de diferentes medidas de seguridade. A Organización non se fai responsable das entradas que non fosen adquiridas nos puntos de venda oficiais. Toda entrada danada, rota ou con indicios de falsificación, autorizará á Organización a impedir ao seu portador o acceso ao recinto. Nestes casos, a Organización reservarase o dereito a emprender as medidas legais indicadas no punto 13 destas Condicións Xerais de Uso.


5. A admisión queda supeditada ao feito de dispor da entrada completa e en boas condicións. A entrada debe ser canxeada por unha pulseira nas taquillas situadas xunto á entrada ao recinto. A pulseira é o único acceso válido para o recinto dos concertos e máis para o camping. Esta pulseira é persoal e intransferible: non se poderán retirar pulseiras para outras persoas. A organización colocará a pulseira ao usuario final, que se fai responsable de validar que está correctamente pechada e de conservala en todo momento en perfecto estado. A perda, manipulación ou rotura desta pulseira será penalizada coa expulsión inmediata do recinto. En ningún caso se cambiará unha pulseira en mal estado por outra nin se reporá unha pulseira perdida.


6. No momento de entrar ao recinto, o público pode ser rexistrado segundo a Lei, non permitíndose, en ningún caso, a entrada de comida, bebida e obxectos que poidan ser considerados perigosos pola Organización ou que estean prohibidos pola normativa vixente, así como cámaras fotográficas ou de vídeo, gravadoras ou calquera outro aparello de captación de imaxe e son. En ningún caso se poderá acceder con cans ou outros animais ao recinto dos concertos de noite.


7. Quedan reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual derivados do evento, non podendo o público asistente filmar ou gravar o mesmo sen unha autorización escrita da Organización.


8. En caso de anulación total do evento, a Organización comprométese á devolución do importe da entrada. O custo de distribución que as canles de venda aplican ao prezo desta entrada, non será devolto en ningún caso pola Organización, atendendo a que a Organización non é preceptora do devandito importe e que a prestación deste servizo enténdese realizada no momento da compra desta entrada.


9. A sociedade emisora da entrada non asume en ningún caso as obrigacións e responsabilidades que competen á Organización.


10. O público asistente poderá aparecer en imaxes tomadas por diferentes medios de comunicación para a súa posterior difusión promocional.


11. A Organización do evento poderá denegar o acceso ou expulsar do recinto ao portador da entrada en caso de incumprimento das presentes Condicións Xerais de Uso ou ben en caso de desatender as indicacións efectuadas polo persoal da Organización. A denegación do acceso ou expulsión tamén se poderán levar a cabo no caso de que, racionalmente, poida preverse que a súa permanencia no recinto supoña unha situación de risco ou perigo para o propio portador ou para os outros asistentes ao evento; por avalancha ou tamén por estados de intoxicación aparente ou potencial, responsabilizándose persoalmente ao portador, en todos os casos, polas súas propias accións e omisións cando estas provoquen lesións a terceiros ou danos en materiais.


12. Todo intento de estafa, substracción, roubo, así como os danos á propiedade privada causados directa ou indirectamente á Organización, autorizan a esta a emprender as medidas legais, tanto civís como penais, que estime oportunas contra os causantes.


13. A posesión da entrada non outorga o dereito ao seu posuidor ou a terceiros a utilizar a mesma, ou o seu contido, con finalidades publicitarias, de mercadotecnia ou de promoción (incluídos os concursos, agasallos e/ou sorteos), asociada ao posuidor da entrada ou terceiro. O incumprimento deste punto obrigará ao anunciante e/ou usuario non autorizado a facer efectiva unha penalización equivalente a mil veces o prezo da entrada máis cara do evento, sen prexuízo de posteriores reclamacións por danos e prexuízos xerais. Así mesmo quedase anulada a licenza incorporada na presente.


14. A entrada hase de custodiar até o día do evento coma se fosen diñeiro en metálico. O comprador da entrada ou a persoa a nome da cal se personaliza a entrada, asume toda responsabilidade no caso de que a súa entrada se presente por duplicado, fotocopiada ou falsificada, perdendo todos os dereitos que esta lle outorga para poder acceder ao evento.



imagen imagen imagen imagen imagen Castañazo 2017