O Festival dispón, de forma GRATUÍTA, de 2 zonas de acampada, que estarán abertas de forma ininterrumpida dende as 15:00 horas do venres 1 de novembro ata as 14:00 horas do domingo 3 de novembro, e terán un AFORAMENTO LIMITADO que se cubrirá por rigorosa orde de chegada..

A zona 1 serán de uso exclusivo das persoas que presenten a pulseira correspondente ao aboamento de 2 días, que unha vez completado o aforamento dirixiráselles á zona 2.

A zona 2 estará dispoñible para todo o público do festival (coa entrada dun día ou aboamento).

Ámbalas zonas serán baixo cuberta, e dispoñen de aseos.

Deberedes pasar pola taquilla para cambiar a vosa entrada pola pulseira antes de ir á zona de acampada, xa que será imprescindible presentala para acceder a ela.

ZONA 1

Está situada na saída da vila en dirección Monforte, a 900 metros do recinto do festival. Está formada polos polideportivos dos centros C.E.I.P. Eloisa Ribadulla e o I.E.S. Val do Asma. Entre ambos pavillóns suman unha superficie útil de acampada de 1.600 m2. Esta zona contará con baños e duchas.

ZONA 2

Esta zona situada no barrio da Lama das Quentas, a 1.200 metros do recinto do festival. Formada polos polideportivos dos centros C.E.I.P. Xoán de Requeixo e o I.E.S.Lama das Quendas. Entre ambos pavillóns suman unha superficie útil de acampada de 2.500 m2. Esta zona contará con baños e duchas.

Plano situación acampadas

NORMAS E CONDICIÓNS DA ZONA DE ACAMPADA:

Rógase ser estrictamente coidadosos no uso das instalacións.

LEMBRADE QUE SON ESPACIOS CEDIDOS POR CENTROS ESCOLARES E QUE AO DIA SEGUINTE LUNS ESAS INSTALACIÓNS SERÁN USADAS POR NENAS E NENOS. O incumprimento de algunha das seguintes NORMAS será motivo de expulsión por parte do persoal da organización:

1.Soamente é posible acampar con tendas de campaña. Non se poderán montar toldos, lonas, carpas ou outros elementos que supoñan unha extensión horizontal ao espazo da tenda de campaña, dado que a acampada e interior e o espazo moi limitado.

2. A acampada realizarase por orde de chegada (non se poden reservar espazos) e en todo momento se seguirán as indicacións do persoal do Festival.

3. Está prohibido suxeitar as tendas ao chan, dado que e un espazo interior e pódense facer danos na superficie.

4. Prohíbese atar cordas ou outros elementos que supoñan unha barreira entre tendas, por seguridade.

5. Coida a túa pulseira e lembra que hai que conservala durante os días que dura o Festival. O seu uso é individual e intransferible e calquera deterioro ou manipulación poderá revocar o teu dereito de acceso.

6. Aínda que se pode acceder con bebida e comida, a organización resérvase o dereito a vetar a entrada dalgunha substancia ou utensilio que considere perigoso.

7. En cumprimento coa Normativa vixente e pola vosa propia seguridade está PROHIBIDO FUMAR nos lugares de durmida (dentro dos pavillóns).

8. A zona de acampada é para durmir. Están prohibidos dispositivos de audio e calquera elemento que poida perturbar o descanso de veciños e de campistas. O respecto e o silencio son esenciais.

9. Está terminantemente prohibido facer calquera tipo de lume ou acceder con camping gas ou elementos inflamables (incluídas velas).

10. Queda prohibida a entrada de mascotas (excepto cans guía).

11. É esencial que o lixo se leve ao contenedor máis cercano. Lembrade que as cabichas son moi contaminantes e recollelas do chan é unha tarefa complicada.

12. Non deixes enseres de valor na zona de acampada. A organización do festival non se fai responsable de calquera furto, roubo, dano ou outra actuación delictiva que se poida ocasionar.

¡O CASTAÑAZO LIBRE DE VIOLENCIAS MACHISTAS!

Tanto o recinto do Castañazo como o de acampada é un espazo libre de violencias machistas.

Lembra que as violencias teñen o seu máximo expoñente nas agresión físicas e sexuais, mais acontecen moito antes.

A organización do Castañazo é especialmente sensible coa igualdade de xénero e coa liberdade e o respecto aos dereitos das mulleres e rexeita con rotundidade calquera tipo de conduta contraria ás mesmas polo que non dubidará en tomar as medidas que sexan oportunas ante calquera agresión machista (desde a expulsión do festival ata a denuncia).

As únicas relacións válidas son as plenamente consentidas por todas as partes intervintes. Unha persoa intoxicada e/ou coa súa capacidade viciada non é quen de consentir. Agardamos contar coa complicidade e a sensibilidade de todas as persoas que participan no Castañazo na loita feminista. Grazas de antemán e que empece a festa!

Se tedes calquera dúbida relacionada coa acampada podes contactar coa Organización en: acampada@castanhazo.com

Moitas grazas pola vosa colaboración.