

Protocolo de actuación
¿Presencias unha agresión machista? ¡ACTÚA!
1. Achégate á vítima, pregúntalle como se atopa e se necesita axuda. Pregunta á vítima o que quere facer e respecta a súa decisión.
2. Axúdalle a contactar co punto lilá e/ou sanitario en caso de necesidade de asistencia médica. Podes acompañala ata o sitio indicado ou axudar a buscar a alguén da súa confianza para que a acompañe.
¿Sofres unha agresión machista? ¡DENUNCIA!
1. Non é non. Achégate ao punto lilá se estás preto ou contacta telefónicamente con calquera das voluntarias que atenden o punto e irán a buscarte (podes pasarte en calquera momento a pedir un teléfono de contacto).
2. Se non podes pedir axuda por ti mesma, avisa as persoas que están preto de ti e pide que alguén contacte co punto lila ou coas compañeiras que porten un chaleco morado no recinto do festival.
3. No punto lila poden asesorarte e acompañarte tras sufrir unha agresión. Tes un sitio íntimo onde falar sobre o acontecido e decidir qué facer.
4. Se sufriches lesións o equipo médico atenderate e realizará un parte de lesións.
5. O punto lilá respecta a decisión da vítima. Se decides denunciar poderán acompañarte no que precises.
¿A qué se compromete o Punto Lila?
1. Ofrecer apoio á persoa agredida.
2. Respectar o seu espazo e velar pola súa comodidade.
3. Respectará súa decisión e acompañar á vítima en todo o proceso canto necesite.
4. Asesorar sobre como por unha denuncia e qué son as denuncias de oficio que poden por os servicios sanitarios.
5. Ofrecer unha resposta colectiva.
6. Ofrecer o contacto do colectivo por se necesita apoio en calquera outro momento.
7. Respectar a súa intimidade e anonimato.