ACTUACIÓN DE PETER PUNK

O cuarto espectáculo de Peter Punk. Un novo unipersoal deste recoñecido pallaso galego, no que mantén a súa esencia e o humor irreverente co que acadou o éxito. E onde da mostra da súa veteranía e madurez, tras máis dunha década de traxectoria profesional.


Peter Punk non contaba con que as cousas sempre poden ir a peor. Na súa nova aventura, non lle queda outra que afrontar o seu fracaso. Pero está disposto a todo pola risa do público.


Unha catedral de nove paraugas en equilibrio, o salto ao baleiro dun voluntario a cegas, o perigoso Circuito da Morte, e un evocador final que sorprenderá ás máis cativas e cativos, e fará reflexionar ao público adulto.


Nesta ocasión veremos a un pallaso optimista, equilibrado e olímpico, que buscará a complicidade do público para superar as dificultades que atopará en cada rutina, como unha metáfora dos tempos que vivimos.

ACTUACIÓN DE TREBOADA ROCK

TREBOADA é un grupo de Cambados formado en xaneiro de 2017, actualmente está composto por catro rapaces entre 17 e 20 anos e eles son:

Isi Baúlo – Batería e voz
Mateo Laya – Baixo
Iñaki Fernández – Guitarra e voz
Roi Xesteira – Guitarra e voz.

Xuntos fan un estilo metal en galego versionando temas de Nao, Arrhythmia, Os John Deeres e algún tema propio.