Dende a organización do festival Castañazo informamos as seguintes normas para que os menores de idade asistan ao festival:

1. As nenas/os menores de 12 anos non pagarán entrada por asistir aos concertos.

2. As nenas/os maiores de 12 anos terán que pagar a súa entrada para asistir aos concertos.

3. Autorizacións:

    a). Os menores de idade, que teñan menos de 16 anos poderán asistir ao festival mais terán que estar acompañados en todo momento dunha persoa maior de idade que se fará responsable. Será obrigatorio que tanto os menores asistentes como seus acompañantes vaian sempre identificados con DNI ou Pasaporte. A nai, pai, ou titor legal do/a menor deberá cumprimentar o seguinte impreso e presentalo en taquilla. Ademais irán identificados cunha pulseira de menor de idade para evitar o consumo de alcohol.

DESCARGAR AUTORIZACIÓN MENORES DE IDADE, MENORES 16 ANOS

    b). Os menores de idade, con 16 anos ou máis poderán asistir ao festival sen acompañamento dun maior de idade. Máis igualmente a súa nai, pai ou titor legal deberá cumprimentar o seguinte impreso e presentalo en taquilla, onde autorizarán a súa asistencia ao festival e faranse responsables de todos os danos que o menor puidese causar así como de que este non consuma alcohol ou outras substancias prohibidas. Irán identificados cunha pulseira de menor de idade para evitar o consumo de alcohol.

DESCARGAR AUTORIZACIÓN MENORES DE IDADE, CON 16 ANOS OU MAIS

4. O incumprimento das normas anteriores será motivo de expulsión do festival, tanto do menor como do adulto responsable deste e non dará dereito ao reembolso do prezo