Condicións xerais de uso

A adquisición da entrada para o Festival Castañazo supón a aceptación das seguintes Condicións Xerais de Uso, ofrecidas por Asociación Cultural O Castañazo, (en adiante A Organización), con CIF: G27367135, sendo o seu enderezo electrónico info@castanhazo.com:

1.Unha vez adquirida, a entrada non será cambiada nin será reembolsado o seu importe. En caso de anulación total do evento, a Organización comprométese a devolver o importe da entrada, pero non o custo de distribución que as canles de venda aplican ao prezo da mesma.

2.A Organización resérvase o dereito a alterar ou modificar o programa do evento, ou suspender ou alterar calquera das actividades e actuacións propostas no cartel.

3.A Organización resérvase o dereito de admisión, segundo a lexislación vixente.

4.A entrada dispón de diferentes medidas de seguridade, incluída a súa lectura electrónica á hora de entrar no recinto. A Organización non se fai responsable das entradas que non fosen adquiridas nos puntos de venda oficiais. A admisión queda supeditada ao feito de dispor da entrada completa e en boas condicións. Toda entrada danada, rota ou con indicios de falsificación, autorizará a Organización a impedir ao seu portador o acceso ao recinto, así como a tomar as medidas legais pertinentes contra o titular da mesma, que asume toda responsabilidade no caso de que esta se presente por duplicado, fotocopiada ou falsificada.

5.A organización realizará a validación electrónica do 100% das entradas. Durante este proceso, non se comprobarán os datos do asistente senón o código da entrada, non permitindo o acceso ao festival a ningunha persoa cunha entrada que xa fose previamente validada ou adquirida fóra das canles oficiais (www.castanhazo.com).

6.A entrada debe ser trocada por unha pulseira nos despachos de billetes situados xunto á entrada ao recinto. A pulseira é o único acceso válido tanto para o recinto dos concertos como para a zona de acampada, así como o único modo de pagamento admitido no festival. Esta pulseira é persoal e intransferible: non se poderán retirar pulseiras para outras persoas. A organización colocará a pulseira ao usuario final, que se fai responsable de validar que está correctamente pechada e de conservala en todo momento en perfecto estado. É resistente, pero non é irrompible. Baixo ningún concepto, e ata que termine o Festival, tentes quitar a pulseira, xa que rompería e perderías o teu dereito a acceder ao recinto. A perda, manipulación ou rotura desta pulseira será penalizada coa expulsión inmediata do recinto. En ningún caso se cambiará unha pulseira en mal estado por outra nin se reporá unha pulseira perdida.

7.No momento de entrar ao recinto, o público pode ser rexistrado segundo a Lei:

-Cada persoa poderá acceder ao recinto de concertos con botellas de plástico brando con auga de ata 0,5 litros, sempre que estea precintada (desprecintarase ao acceder ao recinto). Non se permitirá o acceso ao recinto de bebidas que veñan en envases de cristal, metal, cerámica, louza, plástico duro ou calquera outro material que poida ser usado como obxecto contundente ou cortante.

-Cada persoa poderá acceder ao recinto de concertos con comida para consumo individual, envolvida en tea, filme, papel de aluminio ou similares. Non se permitirá o acceso ao recinto de comidas que veñan en envases distintos dos envoltorios indicados. Considérase que calquera envase pechado ou con tapa é susceptible de ser usado como obxecto contundente pola súa propia natureza ou pola combinación de contedor e contido.

-Para acceder con cámaras de uso profesional será obrigatorio contar cunha acreditación do departamento de prensa do Festival.

8.O público asistente poderá aparecer en imaxes tomadas por diferentes medios de comunicación, a Organización, terceiros autorizados por esta ou calquera artista para a súa posterior difusión, consentindo expresamente un uso promocional e/ou comercial das imaxes captadas. A asistencia ao evento supón a aceptación de que se faga uso, de forma gratuíta e sen contraprestación algunha, da súa voz, imaxe e nome en retransmisións televisivas ou radiofónicas, en directo ou en diferido, en vídeo, en fotografías ou en calquera outro medio ou soporte presente ou futuro.

9.En cumprimento do disposto no Real Decreto 2816/1982, e da Lei do Parlamento de Galicia 11/2010, a Organización do Festival O Castañazo establece as seguintes normas de acceso para menores de idade:

• Todo menor de 16 anos de idade que vaia a acceder ao recinto debe portar unha identificación facilitada pola organización e ir acompañado dun proxenitor ou titor/a. A identificación entregarase no Despacho de billetes específico para “Menores de Idade”, onde os proxenitores ou titores deberán entregar unha fotocopia do seu DNI e do DNI do menor, dar un número de teléfono de contacto e asinar un documento de autorización e de aceptación de responsabilidade que poden descargar previamente aquí. Se o acompañante non é un titor/a legal, deberá achegar a seguinte documentación: Autorización de asistencia por parte do pai, nai ou titor legal do menor acompañada de fotocopia de DNI, libro de familia ou pasaporte de ambos. O acceso será gratuíto para os menores de 12 anos.

• Os menores de entre 16 e 18 anos estarán igualmente identificados, xa que no Festival non se serven bebidas alcohólicas aos menores de idade, pero poden acceder ao recinto do festival sen a compañía dun adulto. Para facelo, deben presentar no Despacho de billetes específico para “Menores de Idade” unha fotocopia do seu DNI e outra do DNI do seu proxenitor ou titor e unha autorización asinada por este último. Na autorización, da que podedes descargar un modelo aquí, o proxenitor ou titor autoriza a entrada ao Festival e declara o seu coñecemento de que no mesmo se serven bebidas alcohólicas.

En cumprimento da normativa vixente, a Organización establece as seguintes normas xerais para os menores de idade dentro do recinto do festival:

A venda e despacho a menores de idade de bebidas alcólicas durante o festival está totalmente prohibida, así como o seu consumo, polo que non se despacharán bebidas alcólicas a menores de idade. Igualmente, prohíbese o consumo de bebidas alcólicas a menores de idade. Todos os menores de idade deberán acceder ao recinto do festival polo Despacho de billetes “Menores de Idade”, onde serán identificados cunha pulseira cunha cor distintiva, que os acredita como menores de idade autorizados no recinto, conforme a calquera dos procedementos anteriores. Todo menor portador da pulseira non poderá adquirir nin consumir bebidas alcólicas no recinto. Todo menor que careza de pulseira e que non se atope ao cargo de/autorizado por un maior de idade, será expulsado do recinto, previa posta en coñecemento das autoridades competentes. Todo menor que extravíe a súa pulseira deberá solicitar inmediatamente unha nova no despacho de billetes de “Incidencias”. Todo menor que sexa atopado consumindo bebidas alcólicas dentro do recinto será posto baixo o control dos seus pais ou titores. Se estes non puidesen facerse cargo do menor, ou así o reclamasen, o menor será expulsado do recinto previa posta en coñecemento das autoridades competentes ou seguindo as instrucións dos seus pais ou titores, segundo corresponda. No proceso de expulsión, o menor estará ao coidado da organización do festival ata que un maior poida facerse cargo del ou sexa posto ao coidado das autoridades.

10.De conformidade co disposto na Lei Organica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de carácter Persoal, os datos facilitados tanto na web como na plataforma de compra de entradas, serán comunicados á Promotora para a xestión do evento e dos seus clientes.

11.A Organización do evento poderá denegar o acceso ou ben expulsar do recinto e retirar a pulseira a quen incumpra as presentes Condicións Xerais de Uso, a quen desatenda as indicacións do persoal da Organización e de Seguridade e a quen provoque unha situación de risco para si mesmo ou para as outras persoas asistentes ao evento: manifestando actitudes violentas, portando drogas ou mostrando síntomas de consumilas, atopándose en estado de intoxicación aparente ou potencial, dificultando o desenvolvemento normal do evento, introducíndose en espazos de acceso restrinxido pola Organización, etc. Responsabilizándose persoalmente ao portador, en todos os casos, polas súas propias accións e omisións cando estas provoquen lesións a terceiros ou danos materiais.

12.O público asistente recoñece e acepta que a Organización ostenta e é titular de todos a dereitos propiedade intelectual, industrial e calquera outros, incluídos os de imaxe, derivados, directa ou indirectamente, das representacións artísticas ou calquera outras que tivesen lugar con motivo da celebración do Festival, sen limitación territorial nin temporal, e sen ningunha outra limitación máis que as dispostas na vixente Lei de Propiedade Intelectual.

13.A Organización do festival non se fai responsable de calquera furto, roubo, dano ou outra actuación delituosa que se poida ocasionar dentro da zona de acampada ou de calquera outro recinto habilitado polo festival.

14.Todo intento de estafa, violación, subtración, roubo, así como os danos á propiedade persoal causados directa ou indirectamente á Organización, artistas ou empregados da mesma autorizan a esta a emprender as medidas legais, tanto civís como penais, que estime oportunas contra os causantes.

15.A posesión da entrada non outorga o dereito ao seu posuidor ou a terceiros a utilizar a mesma, ou o seu contido, con finalidades publicitarias, de mercadotecnia, reventa ou de promoción (incluídos os concursos, agasallos e/ou sorteos). O incumprimento deste punto, sen autorización expresa da Organización, obrigará o anunciante e/ou usuario non autorizado a facer efectiva unha penalización equivalente a mil veces o prezo da entrada máis cara do evento, sen prexuízo de posteriores reclamacións por danos e prexuízos xerais. Así mesmo, queda anulada a licenza incorporada na presente.

16.A cancelación, total ou parcial, do evento por causas de forza maior en ningún caso dará lugar á devolución do importe da entrada. As malas condicións climatolóxicas e os cambios horarios non dan dereito a devolución do importe da entrada.

17.A Organización resérvase a facultade de modificar as presentes Condicións Xerais, previa publicación das mesmas por este mesmo medio, sendo responsabilidade do Usuario a súa debida lectura no momento de cada acceso e/ou utilización.

18.Calquera reclamación deberá acompañarse obrigatoriamente coa presentación desta entrada.