Un ano máis, volta o Ourizo Miúdo! O sábado, 31 de outubro ás 11.30 no Auditorio Municipal de Chantada, crianzas de todas as idades poderán pasar unha mañá chea de música, teatro, castañas e moita festa!

Brais das Hortas

Lugar: Auditorio Municipal de Chantada

Hora: 11.30h

“Comisión de Festas”

Neste novo espectáculo que mistura música, clown e teatro, Brais das Hortas transformará o escenario nun torreiro en festas coa axuda do público que será a súa Comisión de Festas.

A música, o baile e a risa coa continua interacción co público irá transformando pouco a pouco o escenario nun campo da festa.

E aínda hai máis!

Unha galiña cantando con autotune en Tarde piaches, un arriscado selfie ao lado dun pastor eléctrico que acaba cun Calambrasso no braso,  un baile orgulloso e diverso a peito aberto e peludo, moi peludo, en Peito Lobo…

Disto vai Comisión de Festas, de darnos conta de que, se nos xuntamos, podemos encher o mundo de alegría.