Castañazo Rock ten lugar no Mercado Gandeiro de Chantada, no corazón da Ribeira Sacra, no sur da provincia de Lugo.

As coordenadas GPS son: 42º 36`21« N 7º 45` 51« W

Como chegar

Podes buscar no googlemaps o teu roteiro para chegar da forma máis sinxela e directa ao Castañazo Rock. Podes calculalo aquí.

Si queres vir en autobús, a estación de buses atópase a tan só 200 metros do recinto do festival.

A empresa MONBUS ten conexión con Chantada dende Ourense, Lugo, Santiago de Compostela e Vigo (Consultar aquí rutas e horarios). A empresa ARRIBA ten conexión con Chantada desde A Coruña. (Consultar aquí rutas e horarios).

A través de Festymas o Castañazo Rock conta con buses oficiais desde as principais cidades galegas. Infórmate e merca o teu billete aquí.

As estacións de tren máis preto de Chantada son as de Monforte de Lemos, a 30 km; e a de Ourense a 36 km. Podes consultar rutas e horarios en www.renfe.es.

Os aeroportos más próximos a Chantada e o de Lavacolla, en Santiago de Compostela, situado a 100 km. Outros aeroportos a menos de 2 horas son o de Peinador, en Vigo; e Alvedro en A Coruña.