No Castañazo utilizamos pulseiras cashless, tanto para acceder e sair do recinto, como sistema de pago dentro del. Durante o festival, poderás recargar nos puntos de recarga habilitados dentro do recinto de concertos.


Preguntas frecuentes
Pódese pagar con diñeiro efectivo?
Non se poderá pagar en efectivo nin nas barras nin na zona de comidas nin no punto de venta de merchandising do festival, a pulseira cashless será o único método de pago aceptado.
A pulseira leva incorporado un chip que se lerá mediante escáneres no control de entrada para acceder e saír ao recinto, así como para realizar os pagos na barra, zona de gastronomía e posto de merchandising.
Podes recollela o día do evento no despacho de billetes do Castañazo, situada na entrada do Festival, amosando a túa entrada.
Si. Podes facelo en calquera punto de recarga ou nas barras, cada vez que consumes.
Cando pidas bebida ou comida, valerá con achegar a túa pulseira a un dos scanners dos encargados, que amosará o importe que se vai a pagar e o saldo remanente na pulseira.
Como sempre, a organización colocará a pulseira ao usuario final, que se fai responsable de validar que está correctamente pechada e de conservala en todo momento en perfecto estado. É resistente, pero non irrompible. Baixo ningún concepto, e ata que termine o Festival, tentes quitar a pulseira, xa que rompería e perderías o teu dereito a acceder ao recinto. A perda, manipulación e rotura desta pulseira será penalizada coa expulsión inmediata do recinto. En ningún caso se cambiará unha pulseira en mal estado por outra, nin se reporá unha pulseira perdida. Perder a túa pulseira neste caso será tamén como perder o teu moedeiro, así que cóidaa.
Si. Tanto a pulseira como o chip que leva incorporado son resistentes á auga.
Se ao abandonar o recinto segues tendo saldo na túa pulseira, poderás pedir a devolución en liña do teu diñeiro aquí dende o 31 DE OUTUBRO ATA O 13 DE NOVEMBRO. Lembra non tirar a túa pulseira ao final do evento, xa que necesitarás introducir o número de serie do chip para reclamar estas devolucións.
O control de aforo a través do cashless permitiranos saber con precisión canta xente hai en todo momento. Para isto, deberán lervos tamén as pulseiras á saída do recinto.
IMPORTANTE: se non vos len a pulseira ao saír, non poderedes volver entrar.
Poderás acceder igualmente ao festival, pero se ocorre algunha incidencia co acceso ou cos cartos da túa pulseira, non poderemos axudarche.