Bases:
1. Datas
1.1. A Liorta Musical celebrarase o día 18 de abril.
1.2. As inscricións estarán abertas dende o día 10 de novembro de 2025 ata o día 12 de xaneiro de 2026.
1.3. O conxunto gañador do evento tocará no festival O Castañazo 2026.
2. Participantes
2.1. Poderanse anotar formacións de 3 estilos: rock/punk/metal, músicas do mundo e música urbana.
2.2. Poderanse inscribir proxectos de unha soa persoa ou bandas.
2.3. As formacións terán 20 minutos durante a liorta para presentar o seu proxecto.
2.4. As formacións participantes deben comprometerse a facer un set de entre 50 e 60 minutos no festival no caso de saír gañadoras.
2.5. As formacións participantes serán escollidas polas persoas que integran a asemblea da Asociación Cultural O Castañazo e serán anunciadas o día 2 de febreiro.
3. Inscricións
3.1. Deberase enviar un mail a liortamusical@castanhazo.com coa seguinte información:
- 2 maquetas a escoller pola formación, como arquivos de audio/video ou como ligazóns a plataformas online
- Breve descrición do proxecto
- Logotipo da formación
4. Votacións
4.1. Haberá un xurado composto por 3 membros da Asociación Cultural O Castañazo e 1 persoa profesional do sector musical.
4.2. As persoas que asistan ao evento poderán emitir votos pola actuación que máis lles gustara da noite.
4.3. O voto do xurado terá un peso dun 60% e o do público dun 40%.
4.4. Os resultados das votacións faranse públicos.
5. Gañadores
5.1. A formación gañadora anunciarase o mesmo día da Liorta Musical.
5.2. A formación gañadora será parte do cartel de O Castañazo 2026 e recibirá como caché 750€ + aloxamento + dietas.

