Este ano, ao igual que na pasada edición, contaremos cos Xogos Bravús, destinados a aquelas persoas que queiran demostrar que son ou serían dignas de vivir nas aldeas e vilas do rural galego.

Ubicaranse no  CurralBravú, situado nas inmediacións da Praza da Paz de Chantada. Pódese chegar facilmente e está preto do recinto do festival: 

En caso de condicións metereolóxicas adversas, os xogos faranse nun espazo cuberto aínda por determinar.

Esta proba terá lugar o venres día 30 de outubro antes dos tan ansiados concertos. Existirán dúas modalidades:

  • Individual: destinada ás persoas máis bravas que actúen en solitario e que poderán acudir dende as 17:00h.
  • En equipos: para os equipos máis habilidosos e rudos, que comezarán a partir das 17:30h.

INSCRICIÓN:

Se queres ser un dos 6 equipos inscríbete antes do mércores 28 de outubro do seguinte xeito:

Para as probas individuais non fará falta inscrición previa, só achegarse con ganas de pasalo ben e superar os retos propostos.

BASES:

Os equipos deberán estar compostos por 5 integrantes.

5 probas:

Rebola bolo: 3 persoas do equipo teñen que empurrar un bolo dende a saída ata un determinado punto no menor tempo posible.          
Lanzamento de Ourizo: As persoas elixidas de cada equipo deben xirar 5 voltas sobre elas mesmas e, a continuación, lanzar o maior número de ourizos a un cesto nun tempo determinado. Gañará quen meta máis ourizos.            
Carreira de leiteiras: Unha parella do equipo deberá levar a leiteira mediada ata un determinado punto e volver. En cada ronda competirán varios equipos á vez.             
Debulla millo: Unha persoa de cada equipo deberá debullar a máxima cantidade de millo posible. O equipo gañador desta proba será o que debulle máis gramos nun tempo determinado.      
Movemento de marco: Un dos membros do equipo deberá atopar, cos ollos tapados, o marco agochado entre a palla, guiado polos seus compañeiros. Competirán varios equipos a un tempo.            

*Nas probas de forza “Rebola bolo” e “Carreira de leiteiras” deberán participar todos os membros do equipo, é dicir, 3 persoas no primeiro e as 2 restantes no segundo.

** No caso de mal tempo por cuestións organizativas a proba “Rebola bolo” pode ser substituída.

  • Equipos formados por 5 integrantes.
  • Inscrición aberta ata o mércores 28 de outubro, indicando no momento o nome do equipo, un enderezo de correo electrónico e un número de teléfono.
  • Límite de 6 equipos participantes.
  • Os equipos participarán nas 5 probas propostas: Rebola bolo, Lanzamento de ourizo, Carreira de leiteiras, Debulla millo e Movemento de marco.
  • Cada proba puntuarase con 10,8,6,4,2 e 1 punto en función do posto acadado. A puntuación final será a suma de tódalas probas.

Se quedades sen praza ou preferides xogar en solitario haberá probas individuais para as que non fai falta inscrición previa, só achegarse con ganas de pasalo ben.