III Feira de Artesanía Castañazo

A Feira de Artesanía do Castañazo volve un ano máis os días 31 de outubro e 1 de novembro para achegar as xentes festivaleiras e do lugar unha pequena mostra da inmensa arte que se colleita na Galiza.

Desta volta estará afincada na contorna da Praza da Paz e Rúa do Comercio. Contará coa participación de 10 postos de artesanía, obradoiros e por suposto música!

O sábado, 31 de novembro, a feira permanecerá aberta dende ás 11:00h ás 19:00h. Entre ás 13:00h e ás 15:00h celebrarase a sesión vermú que estará amenizada polo DJ ALDÁN.

O domingo, 1 de novembro, o horario de apertura será de 11:00h á 14:30h. Contaremos con diversas actividades tanto para adultos como para cativos.

Dende o inicio ata o final da feira haberá dous obradoiros de entrada libre para todas as idades: Poderedes achegarvos a coñecer o traballo do feltro coa artesá María Monsalve (obradoiro recomendado para nenos e nenas maiores de 7 anos, acompañados dun adulto)ou ganchillar con SG Bolsos. Ambas son actividades gratuítas para as que non se precisa inscrición previa.

A partir das 12:00h poderedes achegarvos a divertirvos cos xogos tradicionais de Velaísca e para pechar a feira, a partir das 13:00h ,contaremos coa actuación da agrupación tradicional DAKIDOASMA, unha actividade cofinanciada pola ViceDeputación de Lugo dentro do programa Tradigalú.