O merchandising da XX Edición xa está aqui! E nós xa o fomos lucindo polas calles de Chantada xunto ao noso 🐺 lobo!

Poderás facerte con él durante o festival no posto de merchan. Tamén estará dispoñible o sábado no Ourizo Miúdo e o domingo na Feira de Artesanía.

Aqueles que contades con carné de colaborador gozades dun 25% de desconto. Iso si! Para desfrutar deste beneficio é necesario facer prereserva antes do XOVES, 30 DE OUTUBRO no 608 92 42 72 ou mandando un mail a info@castanhazo.com.

Comprando o noso merchan colaboras co festi e axudas a facelo posible.

