CAMI RETRO E SUADOIRO XX EDICIÓN
Durante as primeiras horas do festival voaron como rosquillas, por iso, as vosas demandas foron escoitadas! Se quedaches sen a CAMI RETRO que fixemos en especial por esta XX Edición agora tes unha nova oportunidade para conseguila!

O seu custo será de 33€ + 5€ de gastos de envío, pero, como regaliño de Nadal, ofertámosche a posibilidade de optar polo PACK de CAMI RETRO + SUADOIRO DE CREMALLEIRA, todo por 60€ (máis 5€ de gastos de envío)!!!

Tes dende hoxe ata o día 25 de novembro para enviarnos un correo a merchancastanazo@gmail.com facendo o teu pedido.
DEBES INDICAR A SEGUINTE INFORMACIÓN: Nome e apelidos, Email, teléfono, enderezo, código postal e cidade. Non esquezas indicar a cantidade e talla dos produtos que desexas!
Clicando na seguinte ligazón InPost podes buscar o punto pack que mellor che quede.
Tamén deberás sinalar o enderezo do Punto Pack ao que queres que che enviemos o teu pedido (se es de Chantada ou arredores tes a posibilidade de recollela en man).
Responderémosche ao correo co número de conta ao que facer o ingreso do total.




